Cabeceira
  Docencia e innovación educativa no escenario dos novos plans de estudo universitarios  
 

Vigo do 2 ao 4 de xullo de 2009

 

Convócase por primeira vez este congreso internacional sobre docencia universitaria nun momento no que a ensinanza está inmersa nun proceso de cambio profundo. Neste escenario as universidades están tomando decisións de gran transcendencia tamén para o futuro da docencia.

Estanse a producir importantes cambios asociados ao proceso de adaptación ao EEES, ao deseño e implantación de novos plans de estudos e ás necesidades de acreditación e mellora da calidade docente.

É moi importante para a mellora da docencia difundir as experiencias innovadoras e/ou investigadoras realizadas polos profesores e profesoras.

O intercambio de experiencias axuda aos que as fixeron a reflexionar sobre o camiño seguido, as dificultades e logros conseguidos, e para o resto, coñecer experiencias doutros docentes pode servir para mellorar a súa práctica.
 
 
I Congreso de Docencia Universitaria  
Pé de páxina